Monday 29 de April de 2024

Adíanse os Xardíns Terroríficos do Samaín pobrense por mor do mal tempo previsto para a tarde


A mala previsión meteorolóxica para a tarde deste 31 de outubro motiva a decisión de adia-los Xardíns Terroríficos programados para a alameda da Pobra do Caramiñal ao abeiro do Samaín.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, apunta que esta actividade estaba configurada para o exterior e, debido ás súas características e dimensión, non resulta posible que se desenvolva nun lugar a cuberto. Engade que, unha vez se concrete unha nova data, esta será comunicada. As persoas xa inscritas non precisan facer ningún trámite a maiores. De desexaren modifica-la súa matrícula deberán facelo a través do enderezo electrónico info@somosenredos.com.

O resto de propostas desta xornada continúa adiante por ser no toldo instalado na praza do Emigrante. A actuación infantil Movendo os Esqueletos a cargo de Animar-t terá lugar ás 19.00 horas e despois haberá chocolatada e obradoiros. Xa pola noite, unha sesión DJ achegará ritmo das 21.00 horas en diante.